
Disco gallego, sesentero, totalmente atípico y maravilloso. Mientras en todos los radiocassetes y bares de Galicia sonaban canciones "enxebres" tipo Fuxan Os Ventos va Batallán y lanza este pedazo de LP deudor de la tración folk y country americana y británica.El mejor disco en idioma gallego, sin dudas!
" O elepé de Luís Emilio Batallán "Ahí ven o maio", editado en 1975, confirma a regra. E a dimensión estética que collen estas dez cancións cando dialogan co presente abren a posibilidade de todo e derruban as cancelas do campo, os prexuízos do lector de prensa especializada.
Non é común que unha gravación galega de hai trinta e dous anos comece cun poema de Curros Enríquez arranxado como fixera John Cale para o segundo disco de Nick Drake –Bryter Lyter, 1970-.
Se cadra nin Batallán, anos logo presidente do Pontevedra C.F., nin Carlos Cárcamo, responsábel da riqueza sonora do álbum, coñecían en 1975 ao cantor inglés, pero os cadrelados acústicos da guitarra e a suavidade outonal das cordas remiten de contado cara á, nada menos, “Northern Sky”.
O sedimento inglés repousa na paisaxe da decena de poemas escollidos por Batallán para Ahí ven o maio.
O ritmo saltariqueiro de “Notas necrolóxicas” reflicte, poñamos por caso, a melancolía irónica dun Kevin Ayers. E na lixeireza instrumental do elepé ou no etéreo das súas atmosferas, aparece a pegada involuntaria de Pete Dello, o membro de Honeybus que nun só disco en solitario –Into your ears, 1971- inventou Belle and Sebastian, Camera Obscura e outra faramalla indie.
A conexión L.E. Batallán-Stuart Murdoch, daquela, existe, aínda que ningún dos dous sexa consciente. Tampouco, e xa fóra de coordenadas británicas, deixa de abraiar o ambiente Jamestaylor –con piano e aire slide- para un poema de Ramón Cabanillas ".
No hay comentarios:
Publicar un comentario