martes, 26 de julio de 2011
Ataque Escampe - Festa Malandrómica
Recomendados no Facebook por Magín Blanco, e con razón.
Ataque Escampe formouse por rapaces de diferentes zonas do país contra o remate do ano 2001.
Nese momento os seus seis membros, Samuel, Pablo, Álex, Dani, Miguel e Roi, comezan a ensaiar de xeito irregular na residencia universitaria do Monte da Condesa, ademais de gravar con pésimos medios (por exemplo, cassette) temas de corte folk-rock (o laúde e o violín aparecían ao lado da guitarra eléctrica) que a nivel letrístico unen o experimentalismo con algúns elementos de temática bravú.
O estilo de Ataque Escampe, autodenominado "rock de serie b" pola precariedade de medios na que comezaron e tamén por certo antivirtuosismo, ten coma alicerce o rock acústico e o folk-rock estadounidense, sendo Neil Young, Wilco, Violent Femmes ou Micah P. Hinson algunhas das súas referencias, xunto a grupos de pop-rock estatal coma Los Enemigos ou Antonia Font e a formacións galegas coma Os Resentidos ou a Psicofónica de Conxo.
O grupo realiza tamén incursións noutros estilos coma o punk ("I will turn"), o vals ("Tres cantos a Lenin") ou o tango ("Tango do sintasol").
As letras do grupo caracterízanse pola súa estreita relación coa literatura ("Afganistán canto"). Nelas tamén están presentes o pouso xeracional ("Galicia es una mierda") e a vontade de experimentación lírica ("Ourizo").
CON TODOS VOS UNS DOS GRANDES DO ROCK EN GALEGO!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Datos personales
- PIPI
- Este blog es un lugar bajo el Sol donde cobijarse, en el que la amistad es lo más grande de mundo. Está dedicado al amor que es el carburante de nuestros corazones. Pasen y vean! Agradezco a Youtube y a Microsoft todo el interés que han demostrado en la creación de este blog.
No hay comentarios:
Publicar un comentario