http://www.divshare.com/download/14521384-308 "Levado polo meu entusiasmo cando escoitei "A nena zíngara" acabei por dicirlle a
Magín que era unha auténtica xoia de acid-folk á galega e que non entendía porque quedara excluída do estupendo libro-cd "
A nena e o grilo" que publicou o ano pasado, desde aquí pedirlle que cultive máis este xénero porque cada vez que o fai sempre gaña, baste lembrar aquela espléndida
"Los Blues del Emigrante" da súa etapa con La Rosa. Malia súas dotes como músico, Magín non é un virtuoso do sitar así que é Paco Serén, ex-Piratas e actualmente nun interesante proxecto chamado
Om-Off, quen se encarga de crear o ambiente necesario. Como cara B deste sinxelo virtual vai "Azul", tamén das maquetas previas de "A nena e o grilo". Grazas a Magín e a Carlos. A ilustración é de Iván Prieto." PUBLICADO NO ESTUPENDO BLOG DE MÚSICA
18 RODAS http://18rodas.blogspot.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario